luns, 20 de abril de 2020

OUR LIBRARY MURALS

Neste vídeo, a través dos traballos dos vosos compañeiros, poderedes coñecer mellor a algúns dos personaxes dos murais da nosa biblioteca. Presentámosvos  tamén aos autores británicos que nos agasallaron con historias que xa forman parte da literatura universal: Frankenstein, Hamlet, Alicia no País das Marabillas e a colección de novelas do famoso detective Sherlock Holmes.

mércores, 29 de maio de 2019

MARCAPÁXINAS DE AGASALLO NO MAR DAS PALABRAS

Fátima e Lucía, dúas alumnas de 4º de ESO, fixeron uns marcapáxinas aproveitando material de refugallo de traballos anteriores. Neles debuxaron ou escribiron pequenos consellos para concienciarnos de como curar ao noso planeta das feridas de morte da contaminación. Con pequenos cambios na nosa vida cotiá, xa sexa reducir o consumo de auga e enerxía ou separar o lixo e botalo aos contedores de reciclaxe, podemos conseguir achegarnos un pouco máis á gran meta: salvar o noso planeta.
O pasado venres 24 de maio, a modo de  homenaxe ao movemento Fridays for future, da activista sueca Greta Thunberg, tamén de 16 anos, as nosas alumnas agasallaron cun marcapáxinas aos compañeiros que levaron emprestado un libro da nosa biblioteca, O MAR DAS PALABRAS.

Velaí o video.




martes, 2 de xaneiro de 2018

ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA NA NOSA BIBLIOTECA

O club de lectura "A Illa dos libros" levou a cabo varias actividades  durante o primeiro trimestre. Velaí vai unha delas, a lectura de tres fragmentos do libro "Meu Pé de Laranja Lima" do escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos. A tenrura e sensibilidade de Zezé, o protagonista, reflíctese en cada páxina e fixo que algúns alumnos xa o quixeran levar emprestado tras asistir a esta actividade.

E vós, ides quedar sen coñecer a Zezé?

mércores, 1 de novembro de 2017

POETÍZATE


Na nosa biblioteca tivemos un recital de poesía cheo de sorpresas. Uns compañeiros ata decidiron rapear...
Coa poesía podes facer moito máis do que pensas. 
Anímate a participar connosco no seguinte Poetízate.

martes, 27 de decembro de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

O MAR DAS PALABRAS, a nosa biblioteca, acolleu o Festival de Nadal 2016, un agasallo anticipado dos moitos que os nosos alumnos agardan recibir nestas datas. 
Velaí un resumo da festa.

xoves, 3 de novembro de 2016

TRIVIAL LITERARIO. PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS

O día que fixemos a presentación oficial da nosa biblioteca neste curso escolar, probamos este trivial con curiosidades literarias. Para os que estivestes e para os que non puidestes acudir, velaquí vos vai! A polos dez acertos. Sorteeeee!!!

Trivial literario

xoves, 27 de outubro de 2016

SEMANA DE TERROR NA ILLA DOS LIBROS

Chega o Samaín e na nosa biblioteca, a Illa dos libros, xa o estamos a celebrar cunha maratón de relatos de terror e unha morea de sorpresas. Pasa pola biblio... se te atreves.